1. |
i
09:51
|
|||
Auga xélida, flúe...
canda ela recordos, tempos de lume,
Natureza sen límites, espazo infinito, beleza infinita...
Neboeiros pantasmais, ríos levitando,
auga xogando a agochar segredos de vida.
Ventos que xogan a despistar, confundir...
Terras de friaxe que queima,
terras de calor que arrefría.
Intúese o cambio, ese fluír cara a auga morna
que enche de vida todo canto a rodea.
Mais agora é tempo de bestas preto dos fogares,
de criaturas só presentes
na imaxinación dos máis intrépidos.
Auga xélida, flúe...
canda ela recordos, tempos de lume,
Natureza sen límites, espazo infinito, beleza infinita...
Formas de vida que atopan no xeo líquido
a mellor das madrigueiras,
baixo a intrépida luz do sepulcral luar.
|
||||
2. |
ii
03:34
|
|||
3. |
iii
11:15
|
|||
Elas ollan, fican dende a escuridade,
noutro tempo xa en camiño,
as tornas mudan e nós ficamos a ollar
cara o seu mundo de vida líquido,
arestora máis apacíbel,
permitíndonos o luxo de afondar nel,palpalo.
A beleza do cambio constante,
eles-nós, nós-eles,
baixo a mirada impenetrábel da nai,
representada por fermosos bosques
que visten ropaxes únicos;
por ventos dos catro puntos cardinais,
a cada cal máis cheo de vivencias,
de experiencias que están agardando a contar.
Só cun leve roce coa túa pel, é suficiente,
todos formamos parte da orquestra maxicamente dirixida
pola que noutros paraxes non lonxanos
é chamada baixo o nome de Gaia.
|
||||
4. |
Baixio
05:21
|
Streaming and Download help
If you like Nados Na Escuridade, you may also like:
Bandcamp Daily your guide to the world of Bandcamp