Hic sunt dracones

by Nados Na Escuridade

supported by
/
  • Streaming + Download

    Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    Purchasable with gift card

      €3 EUR  or more

     

1.
i 09:51
Auga xélida, flúe... canda ela recordos, tempos de lume, Natureza sen límites, espazo infinito, beleza infinita... Neboeiros pantasmais, ríos levitando, auga xogando a agochar segredos de vida. Ventos que xogan a despistar, confundir... Terras de friaxe que queima, terras de calor que arrefría. Intúese o cambio, ese fluír cara a auga morna que enche de vida todo canto a rodea. Mais agora é tempo de bestas preto dos fogares, de criaturas só presentes na imaxinación dos máis intrépidos. Auga xélida, flúe... canda ela recordos, tempos de lume, Natureza sen límites, espazo infinito, beleza infinita... Formas de vida que atopan no xeo líquido a mellor das madrigueiras, baixo a intrépida luz do sepulcral luar.
2.
ii 03:34
3.
iii 11:15
Elas ollan, fican dende a escuridade, noutro tempo xa en camiño, as tornas mudan e nós ficamos a ollar cara o seu mundo de vida líquido, arestora máis apacíbel, permitíndonos o luxo de afondar nel,palpalo. A beleza do cambio constante, eles-nós, nós-eles, baixo a mirada impenetrábel da nai, representada por fermosos bosques que visten ropaxes únicos; por ventos dos catro puntos cardinais, a cada cal máis cheo de vivencias, de experiencias que están agardando a contar. Só cun leve roce coa túa pel, é suficiente, todos formamos parte da orquestra maxicamente dirixida pola que noutros paraxes non lonxanos é chamada baixo o nome de Gaia.
4.
Baixio 05:21

about

Composto e gravado entre Arnoia, Ribadeo e Trellerma
en diferentes momentos entre os anos 2020 e 2023.

Sintetizador en ‘Baixío’ por H3ll.

Mesturado nos Estudios Breogán por Nocturno no verán de 2023.

Portada por Anxo Asensio. Deseño por Nocturno.

Eternas grazas ás nosas familias, Txomy e Loita Underground,
Diego P. G., H3ll polo seu Arte Sonoro e
Anxo Asensio polo seu Arte Visual.

Nados Na Escuridade fai Metal Abisal.

Nados Na Escuridade pertence ao Negro Círculo Minhoto.

www.padlet.com/nigramors/negrocirculominhoto

***

Editado por Nigra Mors (NM83) en digisleeve limitado a 100 copias.

www.padlet.com/nigramors/nigramors
www.soundcloud.com/nigramors

credits

released March 15, 2024

Al-verth: bateria e textos
Nocturno: guitarra e voz

license

tags

about

Nados Na Escuridade GA, Spain

Metal Abissal dende a Galiza Profunda.

contact / help

Contact Nados Na Escuridade

Streaming and
Download help

Report this album or account

If you like Nados Na Escuridade, you may also like: